Galicia

Miguel Ángel Alonso
Miguel Ángel Alonso

Un artigo de Miguel Ángel Alonso Diz

Comezarei esta andaina coa palabra que enche o meu peito de forza. E a partir dela forxarei vento que, aos poucos, camiñará polos carreiros da miña e da vosa alma.

Achegádevos espidos de mentira a este lugar pois a calor da verdade pode queimarvos.

Letra que fire, que sente, que chora… Letra do forxador en obras.

 

O meu reinado

Eu son o rei de min mesmo;

 goberno o corazón

 na libertá do vento e dos camiños.

  Eu obedezo ás miñas propias leises

 i os meus decretos sigo ao pé da letra.

 Un cetro de solpores,

 unha croa de nubes viaxeiras,

 un manto avermellado

 de soños i esperanzas

 no limpo alborexar de cada día,

 dame o poder lexítimo do pobo.

 Represento aos calados,

 interpreto aos que foron

 voces da terra nai

 nos antergos concellos da saudade.

 Eu son un rei.

 Un labrego do tempo dos sputniks.

(Celso Emilio Ferreiro)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*