Galaxia e Boa apostan por exportar os libros-discos infantís de Mamá Cabra e Magín Blanco ao mercado español

O grupo Mamá Cabra e o intérprete e compositor Magín Blanco son dous dos principias referentes musicais en galego para os nenos. Os seus libros-discos, onde se combinan coidadas ilustracións e letras con cancións, son garantía de éxito. Agora a Editorial Galaxia e a discográfica Boa veñen de sacar un selo conxunto que ten como nome “Sueños del Gatipedro” e que se estrea traducindo ao castelán os libros-discos de “Grandes Éxitos de Mamá Cabra” e “A nena e o grilo nun barquiño”.

O novo selo preséntase na feira LIBER de Madrid que comezou este mesmo mércores. A intención de “Sueños de Gatipedro” é repetir a nivel estatal o notable éxito que os libros-discos de Mamá Cabra e Magín Blanco teñen no noso país.

Podes ver aquí a versión en español de Rocanrol Dragón, de Magín Blanco:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*