En Letra temos o zuleiro ateigado de palabras para espantar a friaxe

Xa vai para 27 meses que navegamos pola rede, con tempadas de vento a favor e outras nas que estivemos paralizados polos trebóns. Despois dun longo verán preguiceiro, dende mediados do mes de setembro Letra en Obras acumula leña para escorrentar a caída de temperaturas que chega co outono e co inverno. Estamos seguro que os vindeiro meses van ser moi moi confortables.

leñaAdemais dunha maior actualización dos contidos, na casa de Letra en Obras desembarca unha longa lista de colaboradores, algúns xa vellos inquilinos e outros que andan de estrea:  Andrés Carrasco, Isabel G. Couso, Xurxo Martínez, Albert Bidán, Samuel L. Paris, Vidal, Elba Becerra, Miguel Anxo Alonso, José Luís Sucasas, Celia Parra, Marcelino Fernández Mallo, Lara Rozados, Paco Macías, Cris Pavón, Diego Taboada, Raquel Boo Anderson, Henrique Mariño ou Antía Otero, son algúns dos autores e autoras que xa confirmaron que estarían botando leña na sección de opinión nestes meses de friaxe que se aveciñan.

As redes sociais (Facebook e o Twitter, onde xa nos acompañan 2.000 amigas e amigos) serán tamén punto de encontro. Para calquera suxestión ou consulta non dubidedes en escribirnos ao noso correo: contacto@letraenobras.com

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*