‘El llano en llamas’, sesenta anos despois as lapras están acesas

Juan Rulfo
Juan Rulfo

En setembro de 1953 publicábase en México un monllo de relatos baixo o título de El llano en llamas. Aqueles quince contos, que pasarían a ser dezasete na segunda edición revisada polo autor en 1970, marcarían un punto de inflexión na historia da literatura mexicana. Pouco máis lle fixo falta ao seu autor Juan Rulfo para pasar a ser considerado un dos principais escritores iberoamericanos da segunda metade do século XX. Dous anos máis tarde (1955), a novela Pedro Páramo sería a consagración definitiva dun autor que cunha obra exigua (a maiores só publicaría en 1980 a novela curta El gallo de oro) conseguiu que a súa escrita tivese unha repercusión mundial.

Hai sesenta anos El llano en llamas sorprendía con relatos nucleados arredor da miseria da terra mexicana, coa descrición de homes desesperanzados, incapaces de mudar a súa realiadade. Na primeira obra de Rulfo está o desencanto coa Revolución mexicana e as súas promesas frustradas. A violencia e a incomunicación campan polos relatos como protagonistas absolutas dun tempo monótono e previsible

Sesenta anos e un mes despois da publicación daquel libro fundamental para a literatura universal do século XX deixámosche estas ligazóns para ampliar información sobre a obra e o autor:

Entrevista a Juan Rulfo:

Juan Rulfo le un conto de ‘El llano en llamas’: No oyes ladrar a los perros

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*