Cris Pavón

Cristina Pavón (A Coruña, 1962). Profesora, lectora, ás veces publico cousas no blog deContado: relatos, unha novela, series de textos como Literatura e ciencia e Bestiario. Por unha tempada vou seguir con estas últimas, e algunha das súas entradas poderedes velas aquí, en letraenobras.

Cris Pavón
Cris Pavón

O propósito de Bestiario no comezo foi “[…] no ronsel dos clásicos bestiarios, facer catálogo non sistemático de bechos varios. De cales? Da fauna típica do capitalismo. Salvaxe, claro, falamos de bestas. Listado de vítimas e verdugos que hai pouco semellaban lonxe de aquí, polo menos as primeiras. Pero agora témolas ao noso carón. Ollos que ven, corazón que se doe. E será iso este Bestiario, pórlle rostro, palabras, ao que vivín estes últimos anos, ao que nunca quixen saber de economía e nin se me ocorrera preguntar, ao que empezou cando escoitei na mesma frase as palabras FMI, intervención, España, ao que fai que arestora máis da cuarta parte dos nenos españois vivan baixo o limiar da pobreza.”

Iso foi hai un ano. Arestora, 9 de outubro de 2013, veño de ler que o número de millonarios en España medrou un 13% este ano. Ao ser un dato dun informe do grupo bancario Credit Suisse, haberá que darlle crédito. A ese si.

Compartir
Artigo anteriorNadas
Seguinte artigoTrader de alta frecuencia (TAF)

3 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*