Como sabe un escritor que non lle menten sobre o número de libros vendidos?

Pode unha editorial vender 15.000 exemplares dunha novela e dicir que só vendeu 3.000? Pode facer unha tiraxe moito maior do que lle está a dicir ao autor ou autora do libro? Esta é unha das sospeitas máis habituais que pode ter un escritor a respecto do seu editor, unha relación na que, como todas, é fundamental a confianza.

H.Casciari
H.Casciari

A pregunta vén a conto  dunha entrada que este verán publicou no seu blog o escritor, xornalista e agora tamén editor Hernán Casciari (Bos Aires, 1971). O autor sospeita dun das maiores editoras en lingua castelá: o Grupo Mondadori. Casciari non acaba de crer que a súa novela Más respeto que soy tu madre, publicada por Sudamericana, un selo que pertence a Mondadori , vendese só 3.000 exemplares en catro anos (2009-2013) cando ao mesmo tempo a versión teatral do libro foi un auténtico fenómeno de masas en Arxentina.

Diante disto, Casciari, con numerosos seguidores na rede, está a facer dende o mes de  xullo un experimento publicando el mesmo unha súa novela (El pibe que arruinaba las fotos) que Mondadori publicou en 2009 e sobre a que agora Casciari recupera todos os dereitos: “O experimento é simple: quero saber se unha pequena editorial independente pode vender ­(do mesmo libro) máis exemplares que o que di vender unha multinacional como Mondadori. Eles, con oficinas en sete países, din que venderon tres mil exemplares en catro anos. Eu, dende a casa e en pixama, empezo a venda hoxe dende o meu blog”.

  • Podes ler aquí o texto íntegro de Casciari

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*