Cando o máis reaccionario é ser posmoderno

Os escritores Alberto Lema e Samuel Solleiro participaron o pasado xoves nun coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística que levaba por título: “Ser ou non ser posmoderno? As oportunidades perdidas e os ciclos pechados”. Os dous autores veñen de subir á rede as súas intervencións nas que intentan analizar que significa hoxe a posmodernidade no campo literario.

Para Lema “o escritor ou escritora que queira escribir atendendo ao mandato rimbaudiano de sermos completamente modernos, debería empezar, en primeiro lugar, por tomar conciencia do contido ideolóxico que porta a Posmodernidade que vimos de describir, é dicir, tomar conciencia do feito de que a actual estética dominante é, en realidade, reaccionaria.”

Pola súa parte Solleiro afirma que aprendeu que “a posmodernidade era unha cousa que se explicaba por medio de listas nas que a grandes trazos o primeiro concepto pertencía ao campo semántico da seriedade e a rixidez e o segundo, que era o bo, ao campo semántico da brincadeira e do humor”.

Podes ler nas bitácoras que teñen na rede os dous autores os textos completos das súas intervencións:

Sobre a posmodernidade. Alberto Lema

A voz do seu amo. Samuel Solleiro

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*