As vendas nas librarías non corren o seu mellor momento. Se xa se arrastraba unha certa sensación de desgaste hai tempo, a crise económica dos cinco últimos anos está a facer estragos. Diante do notable descenso en vendas, as editoras, apostan cada vez máis por edicións pequenas que reduzan o máximo posible o stock de libros. No seu blog, o editor Manolo Bragado bota man dos datos dun manual que vén de publicarse: Comercio Interior del libro en España 2012. Entre outros datos podemos extraer que a tiraxe media dunha novela en lingua galega, o xénero literario con máis tirón comercial, apenas supera o milleiro de exemplares (exactamente 1.005). Extrapolando datos, a tiraxe media noutros xéneros literarios máis minoritarios, como é a poesía ou o teatro, non chega aos 250 exemplares.
Podes ler os as dúas entradas no blog Brétemas de Manolo Bragado:
- Cifras da edición galega en 2012 (I). Parte máis xenérica.
- Cifras da edición galega en 2012 (II). Datos máis centrados na edición de libros literarios en galego.
[…] A tiraxe media dunha novela en galego apenas chega aos mil exemplares […]
http://www.youtube.com/watch?v=5ger8PgN-Os
[…] Anterior: A tiraxe media dunha novela non chega aos 1.000 exemplares […]
[…] Nos últimos anos foron moitas as voces que alertaron, e alertan, de que a literatura galega non é quen de conquistar novos públicos. Non faltaron debates e polémicas a respecto do desleixo das administracións públicas, o conservadorismo do mundo editorial ou a suposta falta dun relevo xeracional solvente na parte creativa. Estando ou non de acordo con todas estas afirmacións, o que é innegable é que as nosas letras non viviron recentemente tempos proclives. Seguramente a mostra máis clara foi a caída na tiraxe e nas vendas. […]

[…] foi quen de gañar novos públicos (incluso hai que falar abertamente de retrocesos). Véxanse as tiraxes medias que chegan ás […]