A neozelandesa Eleanor Catton gaña con só 28 anos o Man Booker Prize

E.Catton
E.Catton

Coa súa segunda novela, The Luminaries, Eleanor Catton (Nova Zelanda, 1985) gañou este martes un dos grandes premios literarios en lingua inglesa: o Man Booker Prize. Catton convértese así na gañadora máis nova da historia deste galardón, que xa cumpriu 45 edicións.

A obra premiada é unha novela histórica que transcorre na Nova Zelanda do século XIX en medio dunha febre do ouro que atrae ata á illa a moitos cazafortunas. Catton recibirá 50.000 libras como premio (o equivalente a preto de 60.000 euros)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*