Unha cesta de produtos de Allariz a cambio dun microrrelato

Vista exterior da libraría Aira das Letras

Es quen de construír unha boa historia e menos de 170 palabras? Este é o desafío que por segundo ano consecutivo fai a Libraría Aira da Letras de Allariz. A temática é libre. Para participar no certame só é preciso rexistrarse na páxina web da libraría. Haberá dous tipos de premios os do público (cesta con produtos de Allariz e lote de libros) e os do xurado ( unha figura do “Guerreiro de Armeá”, cesta e lote de libros). Tedes ata final de mes para subir á páxina os vosos contos mínimos.

Podes ver aquí as bases completas deste premio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*