O “modelo Spotify” tamén nos libros electrónicos

Nubico-1Esta semana comezou a funcionar Nubico, unha iniciativa de Círculo de Lectores e Telefónica, que lle ofrece tarifa plana aos lectores de libros electrónicos. Os impulsores do proxecto cualifícano como “o Spotify dos libros”. Aínda que o proxecto está na rede dende xullo, en versión beta, non se podía comprar o servizo ata agora. Nubico ofrécelle ao usuario a posibilidade de acceder a 4.000 títulos diferentes a cambio de pagar unha tarifa de 8,99 euros ao mes.

Este modelo non é novo no estado español. A iniciativa pioneira foi a de 24symbols, mais a gran vantaxe de Nubico é que ten detrás a Círculo de Lectores, un clube que ten acordos coas principais editoras españolas e que está participado accionarialmente por dous xigantes editoriais: Planeta e Random Mondadori.

Aínda así hai que dicir que o número de títulos dispoñibles en tarifa plana é moito menor que os que se poden mercar por unidade, en moitos casos para protexeren os escritores con máis vendas.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*