Sechu Sende: “A nosa vida como galegos é moi precaria, económica, cultural e literariamente”

Sechu Sende
Sechu Sende

O blog Criticalia, do profesor e crítico literario Armando Requeixo, conversa esta semana con Sechu Sende.  O escritor padronés considera que a anormalidade político-social na que vive o conxunto da cultura galega leva o noso sistema literario a estar “moi condicionado polo conflito político e sociolingüístico. A nosa vida como galegos é moi precaria, economicamente, culturalmente e literariamente. Hai moitas persoas a desenvolver moita creatividade coas palabras pero cada vez somos menos xente a falar galego”.

Na mesma entrevista, Sechu Sende fala da súa aposta polo reintegracionista lingüístico. O autor de Made in Galiza afirma que o cambio na elección da norma ortográfica o fixo sentir “un pouco máis libre, tal vez polo que ten de desobediencia, no sentido máis creativo. Precisaba algo así. Porque me gusta estar coa xente desobediente e inconformista”.

Sende opina que á literatura galega fáltanlle lectores: “se non me equivoco, de cada 100 libros vendidos na Galiza cómpranse na nosa lingua sete”.

  • Podes ler aquí a interesante entrevista con Sechu Sende

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*