Roberto Bolaño, a única patria son os fillos

Este verán cumpriuse unha década da morte dun dos narradores máis influíntes das últimas tres décadas: o chileno Roberto Bolaño. A morte do autor de obras como Los detectives salvajes ou 2666 axigantou a súa figura, máis aló da comunidade lectora en lingua castelá. En Letra deixámosvos unha aproximación máis á poliédrica figura de Roberto Bolaño. Desta vez quen escribe sobre el, na revista Letralia, é o xornalista e escritor chileno Rolando Gabrielli:  “A vida de ningún escritor é comparable á doutro, só as circunstancias, por iso Bolaño non é Borges, nin Cortázar, nin Neruda, que si gozaron do éxito en vida, ademais. O chileno, que identificou a súa patria cos seus fillos, fixo o seu propio e accidentado camiño apegado ás súas moitas intuicións, e o seu éxito quizais radica hoxe en día en que nunca deixou de arar no deserto, unha e outra vez buscando a inalcanzable belea da palabra”

Hace diez años, un elefante se balanceaba. Rolando Gabrielli (artigo completo)