Jaureguizar: “o máis semellante á cultura que funciona é a verbena”

Santiago Jaureguizar
Santiago Jaureguizar

O blog do escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, Cabaret Voltaire, é dende hai  nada menos que oito anos un referente indiscutible na rede galega. Este luns reparamos na súa última entrada, que leva por título “Unha balea varada na cultura lítica”. Na mesma, Jaureguizar, con lucidez e acidez a partes iguais, aproveita para facer unha emenda á totalidade á cultura galega : “O noso trauma como país é que o máis semellante á cultura que funciona, en cifras de asistentes e de negocio, é a verbena (…)”.

Jaureguizar fai unha diagnose dun país cunha cultura de seu en estado comatoso: “Galicia é un país subtitulado. O idioma padeceu o crepúsculo de ser de uso común a ser de coñecemento común. A súa consideración entre as novas xeracións anda a rentes do francés ou o italiano. Instaladas no castelán, fantasían con quedar durmidas e soñar en inglés (…)”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*