Crónica da entrega do XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Alfredo Ferreiro, no seu blog O levantador de minas, déixanos un estupendo testemuño do que foi a entrega do último Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. A vila de Sarria volveu acoller o pasado sábado  a entrega dun dos galardóns poéticos máis prestixiosos da nosa literatura. Nesta ocasión a obra distinguida foi A distancia do tambor, de Eva Veiga.

Podedes ver aquí o acto gravado en vídeo.