Antón Castro obtén o Premio Nacional de Xornalismo Cultural

Antón Castro
Antón Castro

O Ministerio de Cultura español vén de anunciar este mércores que o Premio Nacional de Xornalismo Cultural recae neste 2013 no xornalista e escritor galego Antón Castro. No seu fallo, o xurado subliña o labor en prensa, radio e televisión do premiado e fai fincapé no suplemento cultural do Heraldo de Aragón: “Artes y Letras”, que coordina o propio Antón Castro. Tamén se fai referencia ao seu blog persoal.

Antón Rodríguez Castro naceu na parroquia arteixán de Lañas en 1959. Vinculado dende hai anos ao xornalismo cultural, ocupou postos de responsabilidade en diferentes medios aragoneses. Ademais da xornalística, Antón Castro tamén ten un fecundo percorrido no mundo literario tanto en galego coma en castelán. Na nosa lingua ten publicada unha obra teatral: Paixón de Antía (1987); unha obra de aventuras xuvenís: A lenda da cidade asolagada (Xerais,1995); e un poemario Vida e morte das baleas (Espiral Maior, 1997).

 

Algunhas ligazóns de interese sobre Antón Castro:

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*