27 libros para morrer antes que ler

Crepusculo-Historia-de-un-LibroCales son os peores libros que tes lido na túa vida? A revista portuguesa Bula, enfocada ao xornalismo cultural, fixo unha brincadeira entre o seus lectores. En lugar de pedirlle que votasen polos seus libros favoritos demandáronlle todo o contrario. Durante os meses do verán na redacción desta revista recolleron un total de 700 votos. Con eles estableceron 27 libros que, de tan malos que son, sería mellor morrer antes que lelos. Para os lectores de Bula os peores libros serían Crepúsculo, de S.Meyer;  O Código da Vinci, de Dan Brown;  e Cincuenta Tons de Cinza, de E.L. James. Mais na lista tamén aparecen moi mal valorados libros como Diario dun mago, de Paulo Coelho; ou mesmo unha obra dun escritor tan reputado como José Saramago: A Caverna.

Conscientes de que o xogo pode non sentar ben a autores e mesmo seguidores dos libros mal cualificados, dende a revista subliñan que non pretenden ridiculizar ou ofender o gusto alleo e que só buscan a diversión. No artigo citan a Mark Twain e a súa frase de que “aquel que le malos libros non leva vantaxe sobre aquel que non le libro ningún”.

  • Podes ler aquí os 27 libros que os lectores da revista Bula consideran pésimos

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*