A histórica colección “La Sonrisa Vertical” dá o salto ao formato dixital

A que posiblemente é a máis afamada colección de literatura erótica en lingua castelá, La Sonrisa Vertical (da editorial Tusquets), vén de anunciar esta semana que comezará a editar este mes tamén en formato dixital. A editora catalá vai publicar este mes en “ebook” os seguintes libros: Nueve semanas y media (Elizabeth McNeill); Camiones de ternura, de Françoise Rey; La atadura, de Vanessa Duriès:  La casa de los budas dichosos, de J. Ubaldo Ribeiro; Ligeros libertinajes sabáticos, de Mercedes Abad; Llámalo deseo, de JL Rodríguez Corral; e Espera, ponte así, de Andreu Martín. Todos os libros electrónicos da colección terán un custe que oscilará entre os 5 e os 7 euros.

O proxecto La Sonrisa Vertical comezou a tomar forma a mediados da década dos 70, cando o cineasta Luís García Berlanga e a editora brasileira Beatriz de Mouro proxectaron unha colección que nacería en 1977, a canda os primeiros pasos da reforma democrática no Estado Español. O selo gozaría dun importante prestixio e editaría numerosos libros que sería éxitos en vendas, especialmente na década dos 80. Ao longo destes 36 anos de andaina, Tusquets leva publicados 150 títulos nesta colección.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*