Marcos Calveiro: “estamos a escribir en territorio inimigo”

M.Calveiro

Esta semana o crítico Armando Requeixo entrevista no seu blog ao escritor Marcos Calveiro. O autor arousán fala da súa produción literaria pero tamén de como ve o noso panorama literario. A este respecto, Calveiro subliña que o principal problema ao que se enfronta a literatura galega é á falta de lectores: “A causa de tal feito penso que é múltiple: por un lado vai unido ao problema que temos coa nosa propia lingua, tanto social como institucionalmente. Estamos a escribir en territorio inimigo, por desgraza (…)” .

Calveiro non dubida tampouco en resaltar que existe un problema de de visibilidade nos medios do país: “calquera pailán de Madrid vén presentar o seu mediocre libriño a Galiza e ocupa espazo en todos os xornais ou no telexornal, un espazo que un escritor galego nin soñaría xamais.”

1 Comentario

  1. Este home cita entre os seus preferidos a autores nomeadamente “populares” e aínda non lle pegaron catro tiros nun curruncho. Claro que compensou con Kavafis e demais, non fora saír a mestura moi brava…
    A codificación (UTF-8, penso) do texto non axuda moito, pero iso de que “os escritores somos uns insatisfeitos” non soa moi afortunado pola súa parte. Eu teño para min que os máis dos escritores galegos é normal que sexan uns insatisfeitos, xa non porque a crítica non lles pinte retratos favorecedores (ou retratos, a secas), senón porque hai que estar insatisfeito cando escribes para case ninguén.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*