A poesía erótica volve ter cita nas Illas Sisargas

Vista das Sisargas, fronte ás costas de Malpica

A Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica de Bergantiños convocan a oitava edición do premio de poesía erótica Illas Sisargas. Ao mesmo poderán optar autores de calquera nacionalidade que presenten en lingua galega traballos encadrados neste xénero cun máximo de 600 versos. O prazo de entrega remata o día 30 de setembro e o premio consiste na publicación do traballo e na entrega de mil euros. Nas tres últimas edición o premio recaeu nas seguintes autoras: Mercedes Leobalde, Elvira Riveiro e María Lado.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*