Feira das Culturas de Compostela, un novo xeito de levar a cultura á rúa

O vindeiro mes de outubro comezará na capital do país un experimento que busca achegar a produción cultural á cidadanía e, paralelamente, abrir novas vías de negocio para autónomos e profesionais do sector. O colectivo Editores de Compostela, integrado por Alvarellos Editora, Contos Estraños Editora, Edicións Positivas, Hugin e Munin, Sotelo Blanco Edicións e Urco Editora e o Centro Comercial Área Central van poñer en marcha a chamada Feira das Culturas, que terá lugar cada primeiro sábado de mes. O evento quere ser un punto de encontro para toda a xente que traballa dentro do sector cultural de Compostela. Para iso, habilitarase un espazo dentro do centro comercial para que sirva de escaparate das empresas culturais.

O editor Paco Macías referíase en abril nun artigo en Letra en Obras aos preparativos deste evento:” Servirá esta mensual Feira das Culturas para que se vexan xentes e sectores que case nunca coinciden. Xuntándose, os da cultura, sempre matinan proxectos. E xuntos son máis fortes.O público ha de coñecer a inmensidade creativa que por aquí, en Compostela, hai.E xuntaranse todos os sectores sen o paraugas institucional. Non fai falta. E non é necesario nin conveniente.”

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*