Consello básico para recitais e bicos a hostia limpa

Un artigo de Samuel L. Paris

Samuel L. Paris

Non teño amigos. Non teño unha parella estable (Ken Masters). Recito na maior parte dos sitios que me chaman para recitar. Ou nalgúns nada máis (Chun-Li). Leo textos que creo válidos para o directo. A vida é moi semellante á idea que os imbéciles teñen dela: pasamos polo aro (Ken Masters).

Os recitais adoitan ser unha decepción. Vale. Continuemos… Os recitais adoitan ser unha decepción, as churrascadas adoitan ser unha decepción, a esquerda parlamentaria adoita ser unha decepción, os coitos (Zangief) na praia adoitan ser unha decepción (le arenisma).

As palabras “Satán”, “solpor” e “cru”. As palabras “cociña económica”, “gasoil” e “brunette”. As presas: vítimas (Ryu). A súa exaculación sonora. Abrir os corpos con sons rancios: perra putada. O malo non é aburrirse: o fodido é aburrir (Dhalsim).

Fumar para sorrir. Fumar para escribir. Fumar demasiado (Blanka).

O mellor recital (E. Honda) remata sempre cunha botella roubada enriba da mesa da cociña. Contémplaa como se foses a primeira persoa en desenterrar o Pórtico da Gloria (Guile) de entre as espiñas de oito millóns de xardas.

Non temos amigos (Ken Masters).

Rouba.

Esvara.

1 Comentario

  1. Se non o fixo xa, probe a recitar todo iso no seu vindeiro recital, Samuel. Con música. Nin Tom Waits acadaría algo semellante.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*