Os últimos traballos de María Reimóndez e Carlos G. Reigosa encabezan o taboleiro de libros máis vendidos

Cada quince días, o crítico Ramón Nicolás saca no seu blog unha listaxe cos libros máis vendidos en lingua galega. Para iso emprega os datos que lle achegan dezaseis librarías de todo o país. Nesta primeira quincena de abril En vías de extinción, de María Reimóndez e A vitoria do perdedor, de Reigosa, están sendo os libros de narrativa preferidos polos lectores. A continuación está a novela de Xosé María Lema Costa do Solpor.

En poesía os libros máis vendidos son Monicreques de Xosé Daniel Costas e Breizh de Miro Villar. Na modalidade de ensaio-teatro atopamos Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez e Tastarabás de Antón Cortizas. No capítulo de libros infantís e xuvenís, o máis vendido desta semana é Amor de serea de Santiago Jaureguizar, seguido de Dragal III, de Elena Gallego.

Podes ver aquí a listaxe completa

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*