Orgasmos e literatura

Roser Amills

O artista estadounidense Clayton Cubitt leva meses cun sorprendente e polémico traballo que leva por nome “Hysterical literature”. A mensaxe que pretende facer chegar ao público é ben simple: ler é un pracer. E como facelo? Pois Cubitt recorre a orgasmos femininos.

O proxecto, que esperta opinións ben encontradas, consiste en gravar mulleres lendo  fragmentos dun libro mentres na entreperna teñen un vibrador, escena que non se mostra no plano. As protagonistas len ata que xa non poden aturar máis a tensión sexual. Segundo Cubitt, o que lle interesa é “a batalla do individuo entre mente e corpo. Ademais estou interesado en como as culturas trazan unha liña divisoria entre o aceptable e o prohibido.

A iniciativa acaba de chegar a Cataluña. A coñecida escritora e xornalista mallorquina Roser Amills (1974), con obra publicada en catalán, castelán e portugués. Amills participa no experimento lendo un fragmento de ‘El carrer de les camèlies‘ de Mercè Rodoreda.

Podes ver aquí o vídeo de Roser Amills e nestoutra ligazón outros vídeos do proxecto de Clayton Cubbit.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*