Máis de dez mil xaponeses xa reservaron a vindeira novela de Murakami

H. Murakami

Haruki Murakami (Quioto, 1949) é sen dúbida o escritor xaponés vivo máis coñecido en todo o mundo. A aparición dunha novela súa en Xapón é sempre un acontecemento que levanta unha enorme expectación.  A súa editorial Bungei Shunju deu a posibilidade de reservar por internet exemplares da primeira edición que sairá á venda o vindeiro 12 de abril. En só once días xa se superaron as 10.000 reservas, cifra que a editorial espera dobrar antes de que chegue o propio día do lanzamento. As cifras fan prever un novo gran éxito de vendas nun país afeito a que cada novela deste autor venda centos de milleiros, cando non millóns, de exemplares.

A mediados da década dos 80, a súa novela Tokio Blues foi aclamada pola crítica e o público do seu país e axiña o seu nome acadou fama  internacional. A novela, que o autor ten definido como “un simple experimento”, foi traducida a 36 idiomas e conta cunha versión cinematográfica estreada en 2010.

A editorial Galaxia fixo unha primeira aposta por este autor en 2008 ao traducir ao galego a novela Tras do solpor.  A mesma empresa viguesa publicou Do que estou a falar cando falo de correr (2009) e 1Q84 (2011), todos os títulos traducidos ao galego por Moma Imai e Gabriel Álvarez. Agora falta saber se nos vindeiros meses Galaxia renova a aposta polo escritor xaponés

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*