Irving cualifica a Hemingway como “a fraude máis grande da literatura norteamericana”

J.Irving

O escritor estadounidense Jonh Irving estivo esta semana en Barcelona para presentar a súa última novela, En una sola persona (Edicions 62). O seu paso por Cataluña non pasou desapercibido e Irving aproveitou para deixar claro que hai escritores canonizados que non son para nada do seu gusto. Como exemplo puxo a Ernest Hemingway (1899-1961) a quen cualificou de ser “a fraude máis grande da historia da literatura norteamericana”.

Nunha nova que recolle o diario dixital catalán Vilaweb Irving máis aló: “sempre odiei a Hemingway, dende adolescente. Avergoñábame a representación da súa masculinidade, que era como unha broma, e tamén me avergoñaba como escritor. Se non podes escribir máis que frases curtas, adícate á publicidade. Teño que dicir que a súa formación de xornalista non lle axudou como escritor. Era un escritor alcólico sobrevalorado”

Podes ler aquí a nova de Vilaweb.

1 Comentario

  1. Posiblemente, a meirande parte dos escritores hoxe mitificados (os mortos) e os considerados mestres (os vivos), non sexan para tanto. Outra cousa é chamarlles fraudes. Que un non sexa un deus non quere dicir que sexa unha cagalla. Espero que, no caso de Irving, a súa animadversión (persoal) cara Hemingway (non o coñecín, obviamente, pero non dubido que fora un carallán), non inflúa nas súas opinións acerca do literario. Sobre o das frases curtas, aclarar que non son consideradas delito por ningún tribunal nin pecado capital pola igrexa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*