Dez anos de Teatrofilia

Un artigo de Carla Capeáns

Carla Capeáns

A Asociación Cultural Papaventos, afincada no municipio de Vedra, vén de celebrar os 10 anos de Teatrofilia. Pero… que é teatrofilia? Se nos poñemos a rebuscar no dicionario da Real Academia Galega seremos incapaces de atopar tan ditoso termo. E é que Teatrofilia é a paixón sobrenatural que a Asociación Cultural Papaventos sente polo teatro. Foi no ano 1998 cando a mocidade de Vedra, a través da creación da Asociación Cultural Papaventos, comezou a organizar todo tipo de actividades culturais: baile galego, conferencias, actos literarios, teatro… No 2004 decidíronse a organizar a que hoxe é unhas das mostras de teatro afeccionado de maior referencia autonómica: Teatrofilia. Alí, na Casa da Terceira Idade de Vedra, conviviron, durante os 10 anos da mostra, compañías de teatro amador chegados de diferentes puntos de Galicia e compañías de teatro profesional como Talía Teatro, Volta e Dálle, Teatro do Morcego, etc.

Quixeron festexar o décimo aniversario de Teatrofilia o pasado 23 de marzo nunha gala chea de lembranzas na que non faltou o humor e, como non, o teatro. Andaravía, a compañía de teatro amador que naceu ao abeiro da Asociación Cultural Papaventos, foi a encargada de amenizar a gala.

É de agradecer o traballo que Papaventos e Andaravía está a facer a prol do teatro galego. A por outros 10 anos máis de Teatrofilia!

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*