‘A vitoria do perdedor’, de Reigosa, lectura do mes de abril recomendada pola crítica

Portada da última novela de Reigosa

Armando Requeixo, un dos críticos literarios máis activos na rede,  publica no seu blog as recomendacións literarias para o mes de setembro. Requeixo bota man doutros catro colegas: Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero varela, Francisco Martínez Bouzas e Montse Pena Presas. Así, a última novela do xornalista Carlos G. Reigosa, A vitoria do perdedor (Xerais), é a lectura que recibe maior puntuación.

En pleno ano adicado a Vidal Bolaño, aparece no segundo lugar da lista  primeiro volume das súas Obras Completas (Positivas). En terceiro posto está o libro musical De roda en roda (Galaxia).

Podes ver aquí as cinco lecturas do mes que recomenda cada un dos cinco críticos

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*