A Feira das Culturas

Un artigo de Paco Macías

Hoxe 25 de abril, e antes de cantar o Grândola Vila Morena na praza do Obradoiro, escribimos sobre algo que se move en Santiago, e que non é outra cousa que a Feira das Culturas, un novo tipo de Feira que comezará o 5 de outubro deste ano. Será en Santiago e ha de ser mensual.

Paco Macías

Só tentan, os argalladores desta iniciativa, que as xentes da cultura de Santiago e área de influencia se xunten un día ao mes. Os creadores e produtores mostrando o que fan, directamente ao público, aos programadores e a todos os que teñan algo que cortar e contar neste mundo. Só iso. E que non é pouco.

Servirá esta mensual Feira das Culturas para que se vexan xentes e sectores que case nunca coinciden. Xuntándose, os da cultura, sempre matinan proxectos. E xuntos son máis fortes.

O público ha de coñecer a inmensidade creativa que por aquí, en Compostela, hai.

E xuntaranse todos os sectores sen o paraugas institucional. Non fai falta. E non é necesario nin conveniente.

Fálase de que no Porto non se vai celebrar este ano a súa famosa e popular Feira do Libro, e disque non a haberá por falta de apoio institucional. Porén, en Barcelos non necesitan ningún tipo de apoio económico para celebraren semanalmente unha inmensa e popularísima feira. Hai que comezar a camiñar na dirección barcelense.

A cultura en Galicia, e pode que en todo o mundo onde aínda non o fai, debe aprender dos feitos recentes, e baixar á rúa, ás prazas (e ocupalas), e saber vivir doutra maneira… sempre libres dos poderes.

A Feira das Culturas de Santiago é, de momento, só un intento de facer algo distinto.

9 Comentarios

  1. De momento, Marcelino, é só unha iniciativa. Xa asinamos o debido convenio con Área Central, espazo no que se desenvolverá.
    A partir de agora temos que comezar a darlle contido, a organizala.

    Esta idea é unha resposta á parálise que nos rodea. Se o facemos ben pode resultar algo moi interesante para todos.
    Agardamos as aportacións e implicacións de todocristo.

  2. Pero home, señor Macías, non amole. Se gastamos os cartos en ofertar libros e danzas e esas mixiricadas, que vai quedar despois para o churrasco e mailas sardiñas aí cando veña o bo tempiño? Sexa un pouco galego, home.

      • Pois si, señor Pepe. Ser berciano é ser tantas cousas á vez que ao final un sente que non sabe o que é. Ou si, berciano.

        • Por certo, vino o outro día en Eirado, promocionando as obras completas de Vidal Bolaño. Xa nin lembraba cando foi a última vez que unha editora coma Positivas chegara á TVG.

  3. Hai que apoiala.
    Veño da Feira do Libro en Santiago. E é unha mágoa, atufa a facer por facer. Hai que buscar novas realidades.
    Pos iso esta idea merece o apoio de todos.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*