En Compostela en marzo florecen as palabras

Na capital de Galiza a primavera chega con case tres semanas de adianto. Entre o 5 e o 16 de marzo Compostela é o epicentro mundial da narración oral como forma literaria. O Festival Internacional Atlántica principia este martes e con el chegan os contacontos, as mesas redondas e os obradoiros.

Podedes xa consultar na web oficial do Festival Atlántica unha programación esplendorosa, pensada para todos os públicos que aman a narración oral. Unha cita para non perder tanto se es de Compostela como se vives en calquera outra comarca do país e queres achegarte a un festival  que sen dúbida marca un punto e aparte na programación cultural galega. E, cómpre lembralo, a prezos moi asequibles.

  • Podes ver aquí toda a información sobre o Festival Atlántica

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*