De whisky, paracetamol e poesía

Un artigo de Elba Becerra

O anterior título ben podería presaxiar un relato sobre eses escritos nacidos dunha inspiradora mistura entre medicación e algunha outra bebida espirituosa. Pero non, nada máis lonxe da realidade.

Elba Becerra

Encontrábame eu unha mañán nunha destilería  ó “ españois polo mundo”, (aclaro) un “españois polo mundo” máis ben cutrón, sen historias de grandes éxitos, sen aperturas de negocios, nin tocaduras de teitos profesionais, se acaso algunha que outra tocadura de collóns…

Pois si, alí estaba eu, trocando centos de libros por centos de botellas de whisky dun tal Scotch Blue International non apto para vender dentro do país. Vivindo o meu soño migratorio ó máis puro estilo de “Tempos Modernos”. Baixo os efectos do paracetamol, substancia que antes me curaba os catarros e agora cúrame os “cold” cando, de súpeto, vinme envolvida nunha conversación sobre Robert Burns (1759- 1796).

Un labrador que, a pesar de vivir só 37 anos, se converteu nunha das máis recoñecidas figuras literarias de Escocia, as súas cancións e poesía están asolagadas de retranca (quen mo ía dicir…).  Un coleccionista do folclore escocés, que o mesmo adicaba unhas verbas ó amor que facía unha homenaxe ós haggis (un tradicional prato parecido á nosa morcilla).

E que marabillosas as noites do 25 de xaneiro cando os escoceses se xuntan para resucitar  por unhas horas a Burns mentres gozan de ceas adubiadas con gaitas, kilts, haggis, whisky, poesía e; habendo mala sorte, algún que outro paracetamol.

1 Comentario

  1. Eu, será porque son familiar teu, vexo que a emigración non che fai peder a inspiración nin o bon humor. E mellor que tomes algún paracetamol e non ese whisky que empaquetas.
    Fixeches ben dar a marca porque cando non o toman eles debe ser pura dinamita.
    Un bico.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*