Coruña Maiúscula: cinco días no Ágora centrados na literatura

Entre os días 20 e 24 de marzo celebrarase na Coruña a segunda edición do Festival Coruña Maiúscula. Durante cinco días a literatura será a protagonista indiscutible no Centro Cultural Ágora. O programa de actos estará centrado principalmente na literatura galega e na española.

Deixámosche aquí a programación prevista por se tes pensado achegarte:

Centro Ágora

Día 20 de marzo (mércores)

19:30 horas: Inauguración do Festival Coruña Maiúscula 2013.

20:00 horas: Proxección da película “Invasor” baseada na novela homónima de Fernando Marías. Auditorio Centro Ágora.

21:45- Charla coloquio entre Javier Gullón (guionista), Fernando Marías (autor da novela) e Borja Pena (produtor). Auditorio

Día 21 de marzo (xoves)

11-12 horas: Coruña Educa: Kepa Murua. Ada Salas e Yolanda Castaño. Auditorio

18-20 horas: Talleres de relato e poesía.

20 horas. Literatura con maiúsculas: Manuel Rivas. Auditorio.

21 horas. Recital con Kepa Murua, Gonzalo Escarpa, Carmen Camacho, Pablo García Casado, Dores Tembrás e Ada Salas. Auditorio.

22 horas. Micrófono aberto. O escenario estará aberto para quen o desexe.

Día 22 de marzo (venres)

11-12 horas. Coruña Educa. Jordi Corominas, Carmen Camacho e Dores Tembrás. Auditorio.

18-20 horas. Talleres de relato e de poesía.

20 horas. Novas formas de contar. Mesa redonda con Doménico Chiappe, Germán Sierra e Javier Pintor. Auditorio.

21 horas. Santiago Roncagliolo presenta o seu libro “Óscar y las mujeres”.

22 horas. Lectura do libro “Gran Vilas” polo seu autor, Manuel Vilas.

Día 23 de marzo (sábado)

18-20 horas. Talleres de relato e poesía

20 horas. A escrita galega, unha literatura invisible. Participan Luís G. Tosar, Ramón Nicolás e Tucho Calvo. Auditorio.

21 horas. Proxección de MADATAC. Selección das videocreacións que, a xuízo do seu director, Iury Lehc, están máis relacionadas coa palabra. Auditorio.

22 horas. Loopoesía 2013: os lotófagos por Jordi Corominas. Auditorio.

Día 24 marzo (domingo)

19.30 horas. Homenaxe a José Saramago. A que foi a súa dona, Pilar del Río conversará con Carmen Becerra. Auditorio.

20.30 horas. Representación de “¡Al carajo la poesía!” da compañía raizde4teatro. Auditorio.

Compartir
Artigo anteriorEscritor respostador
Seguinte artigoAndrés Carrasco

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*