Andrés Carrasco

Andrés Carrasco

Actualmente teño 1985 puntos de rating ELO (o baremo que mide a forza de xogo dun xadrecista), só catro unidades menos ca o meu ano de nacemento (1989, Pontevedra). Son Licenciado en Comunicación Audiovisual, isto é, lixeiramente experimentado en moitas cousas diferentes a causa da falla de perspectivas concretas, e autor de varios escritos dos que uns poucos foron premiados ou incluso lidos con interese. Recentemente descubrín un talento particular para a repostería de orellas de Entroido, pero aínda non tiven ocasión de participar en certames especializados. Do penúltimo e o último, encargas negociables.

2 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*