Protexta: vinte números auscultando letras

Portada de Protexta

A revista de libros Protexta está de celebración. Este luns chega aos quioscos, canda os xornais do grupo editorial La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños), o suplemento número 20. Ao longo do mes tamén poderá conseguirse Protexta mercando o correspondente número da revista Tempos Novos.

Pero como celebra Protexta a súa vixésima saída á rúa? Pois cunha portada dedicada ao escritor Alberto Lema e un contundente titular-gancho: “Non son alleo á normalización cultural, son contrario”. Nas páxinas interiores entrevista a fondo co escritor Samuel Solleiro, repaso ás novidades editoriais do último trimestre, crítica literaria e, entre moitas outras sorpresas, un artigo do narrador e xornalista Manuel Darriba que “anda os carreiros do pensamento contemporáneo para opor á interpretación característica da posmodernidade a contundencia dos feitos”.

Xa sabedes, o Protexta está nos quioscos e coma sempre iso é unha boa nova para o mundo  das letras.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*