Festival Atlántica: Compostela, capital mundial da narración oral

Cartel do festival

Entre o 5 e o 16 de marzo Santiago vaise converter no centro neurálxico da narración oral como forma literaria. O Festival Internacional Atlántica sairá ás rúas de Compostela como unha auténtica celebración da palabra. Promovido polo mítico pub Atlántico (sito na zona vella), un espazo onde sempre se celebrou a arte de contar contos. Outro punto xeográfico de colaboración está un chisco máis ao norte, nas bibliotecas municipais de Oleiros, onde haberá varias sesións de contacontos nese período.

Conferencias, obradoiros de contacontos, mesas redondas e moitas actividades lúdicas na rúa ao longo de once días. A Compostela achegaranse contadores de historias de Galiza e doutros países de Europa e Sudamérica. A iniciativa totalmente privada, sen axudas públicas (máis aló de infraestruturas), marcará prezos módicos para garantir un amplo acceso aos espectáculos.

Se queres saber máis do Festival Atlántica:

-Web Festival Atlántica

Facebook Festival Atlántica

Comeza a conta atrás para o Festival Atlántica (blog de Manolo Gago)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*