A Casa de Galicia en Guipúzkoa lembra a Manuel María cun certame de poesía que leva o seu nome

Manuel María

O movemento asociativo galego en Euskadi segue ben vivo e o compromiso coa lingua do país tamén. A última mostra é o Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María que convoca por vez primeira a Casa de Galicia en Guipúzkoa. Este premio poético súmase ao Anduriña Voandeira, que dende 2003 organiza a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

O prazo para participar neste certame está aberto até o vindeiro día 18 de marzo. O galardón será para traballos de entre 40 e 90 versos e en total repartiranse 700 euros en premios.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*