Trixésima edición do Xerais de Novela: de Crime en Compostela a Tonas de laranxa

En menos de seis meses saberemos que autor ou autora van ter a honra de ser os gañadores da trixésima edición do Premio Xerais de Novela. O galardón converteuse sen dúbida en referencia para a novela contemporánea en lingua galega. Dende que en 1983 Carlos Reigosa gañase a primeira edición coa novela policíaca Crime en Compostela, o premio converteuse nun aval efectivo para dar a coñecer a autores e obras diante da masa lectora.

Autores fundamentais na narrativa dos últimos trinta anos como é o caso de Fernández Naval, Darío Xohán Cabana, Xosé Carlos Caneiro, Marilar Aleixandre, Xosé Miranda, Xosé Fernández Ferreiro ou máis recentemente Rosa Aneiros e Xavier Queipo, figuran na lista de gañadores. No caso de Darío Xohán Cabana o premio chegoulle por partida dobre (1989 e 1994) por Galván en Saor e O cervo na torre.

Se na primeira edición o premio consistía na publicación da novela e nunha retribución en metálico de 500.000 pesetas, na actualidade o galardón está dotado con 15.000 euros (durante algunhas edicións anteriores chegou a entregar 25.000 euros).

Deixámosvos aquí a lista de gañadores e as bases da edición de 2013.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*