Rosalía de Castro no século XXI: a palabra vixente

Hai unanimidade á hora de cualificar a Rosalía de Castro como a figura máis internacional da literatura galega. Os estudos sobre a súa vida e obra son numerosos, tanto en Galiza coma no exterior. En 1985 celebrouse o Congreso Internacional sobre Rosalía de Castro, un evento que supuxo un antes e un despois no estudo desta autora. Case tres décadas máis tarde, o Consello da Cultura ultima os preparativos para do evento “Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada”. Os promotores aseguran que este novo congreso internacional quere amosar a vixencia da autora e acoller as novas análises da súa vida e obra.

Neste novo congreso, que constará de cinco xornadas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño, participarán ducias de especialistas galegos e foráneos. En total haberá once conferencias, nove mesas redondas, un recital poético e medio cento de relatorios. Como novidade máis destacada cabe sinalar que tamén haberá espazo para un congreso virtual e que as redes sociais van ter un notable protagonismo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*