Galician Literature, unha fiestra aberta ao mundo anglófono

O reto de difundir as nosas letras alén das nosas fronteiras e atopar novos mercados para o sector editorial do país é un dos eixos centrais de moitos debates sobre a nosa literatura. O proxecto Portico of Galician Literature acaba de ampliar o seu catálogo cunha pequena mostra de obras en inglés dos escritores Xavier Alcalá (Entre fronteiras), Teresa Moure (Herba moura), Antón Riveiro (As rulas de Bakunin) e Suso de Toro (Polaroid). O prestixioso profesor Jonathan Dunne foi o encargado de realizar as traducións, que dan a coñecer unha parte destas obras.

As novas traducións contan co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e veñen sumarse á tradución parcial de Aire negro, de Agustín Fernández Paz, autor que inaugurou o proxecto en 2012. No portal podemos atopar sinopses das obras, currículo dos autores e incluso unha pequena explicación iniciática da nosa historia literaria.

Podes entrar dende aquí en Galician Literature

1 Comentario

  1. Paréceme estupendo que se difunda a literatura galega no mercado anglófono pero non deberiamos esquencer o mercado lusófono (tan próximo a nós), o castelán e tamén mercados próximos e moi importantes por cuestións xeográficas como é o catalánfalante e o euskaldún

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*