A cara B do mundo editorial: Os nenos-libros de Bombai

Canda China, a India é un dos países do mundo onde máis libros se falsifican. As mafias son quen de colocar nas rúas unha novela ou un ensaio no mesmo día que o fan as editoras e a menos da metade de prezo. Esta abraiante estrutura comercial ten como elo imprescindible os vendedores ambulantes, a maior parte deles menores de idade que buscan un xeito de axudarlle ás súas precarias economías familiares.

O pasado 4 de xaneiro a xornalista de orixe indio, afincada en USA, Sonia Faleiro escribía unha reveladora reportaxe no New York Times. Faleiro achegouse a falar con estes nenos para coñecer o seu día a día. E así puido ser testemuña de como rapaces que apenas puideron ir á escola pelexan cada día por vender “best-sellers” como a biografía de Steve Jobs mentres vixían que non haxa policías nas proximidades. Todo un paradoxo desta fenda social.

1 Comentario

  1. Desculparáseme a frivolidade, pero o que máis me chama a atención desa noticia é que haxa mafias pirateadoras de libros. Aínda están recentes os disturbios en Londres, onde as librarías foron dos poucos establecementos que conservaron intactas as súas existencias.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*