O pracer de almorzar cos mellores poetas cataláns do século XX

Os medios de comunicación son unha magnífica oportunidade de achegar un xénero minoritario como é a poesía ao gran público. O xornal catalán Ara quere demostralo poñendo a disposición dos seus lectores unha escolma das mellores obras de poesía en lingua catalana do século XX. A iniciativa que principiou a semana pasada xa conta con preto dun milleiro de subscritores e os impulsores da iniciativa contan con multiplicar axiña esta cifra.

En total a colección conta con 42 volumes que reproducen obras de máis de 30 autores diferentes. A editora do xornal salienta que detrás hai un labor de escolma que recolle autores como Pere Quart, Clementina Arderiu, Agustí Bartra, Guerau de Liost, Carles Riba, Salvador Espriu, Joan Vinyoli e unha longa lista máis de poetas.

Os exemplares da colección poden mercarse nos quioscos dos Países Cataláns a un prezo de 9,95 euros. Porén os subscritores da colección poden conseguilos por 7,95 e os que xa o sexan do xornal recibirán os libros polo atractivo prezo de 6,95 euros. A iniciativa é pioneira tanto por ser a primeira colección de poesía catalá do século XX como por se distribuír en quioscos da man dun xornal.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*