O mausoleo da cultura

Un relato de Diego Taboada
Enrique miraba a través da fiestra o escote da veciña mentras bebía unha cervexa, Santos e Marcos estaban tumbados no sofá ríndose do telediario, eu fumaba un cigarro relaxadamente e conversaba con Xaquín sobre a suposta falta de memoria das novas xeracions 

Diego Taboada
Diego Taboada

-E aínda así, Xaquín, pode que non teñan memoria histórica, como ti dis, mais aí están, saen á Porta do Sol e reclaman que o futuro debería ser deles, protestan polo abuso de poder, a corrupción, a inxustiza estrutural desta democracia.. etc. Ata que punto é necesaria a memoria? Se eu quero descorchar unha botella, non teño necesidade de preguntarlle o seu pasado como vidro ciscado no chan para facelo, abonda con querer descorchala. Ademais, hoxe pode que non teñan a túa memoria histórica, e tampouco son historiadores, coma ti, mais o que están a facer agora será memoria común para eles algún día.

Xaquín parecía convencido polo meu argumento. Era unha persoa máis cerebral que impulsiva, e iso imprimíralle un carácter en exceso meditativo e reservado.

-Escoita isto – Colleu o periódico e comezou a ler en voz alta :

“O próximo 1 de Novembro, con motivo da celebración do día dos defuntos, os cementerios galegos encheranse de flores e coronas. Aínda que a data explica as peregrinacions masivas aos camposantos da comunidade, o certo é que unha visita cultural está xustificada o resto do ano”

-E escoita, atende a isto- Colleu aire e deu máis énfase á lectura

“En Galicia hai necrópolis que merecen ser consideradas como auténticos museos ao aire libre. Como exemplo, o lugar de descanso de personaxes da cultura galega como Rosalía de Castro. Os restos da escritora descansan no panteón de galegos ilustres en San Domingos de Bonaval, en Santiago. Tamén reposan alí os restos de Alfredo Braña, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón cabanillas e o pensador Domingo Fontán. Na capilla contigua está o sepulcro do escritor galeguista Alfonso R. Castelao. E no cemiterio de boisaca, descansa tamén o ilustre Ramón María del Valle Inclán”

-……

-…. Ben, onde queres chegar?- pregunteille

-Moi sinxelo, estamos a convertir a cultura galega nunha postal, unha inmensa necrópole de galegos ilustres preparada para recibir os flashes das cámaras dos turistas. É algo semellante a embalsamar o corpo de Lenin e recibir a milleiros de turistas occidentais cansos do modo de vida occidental. !Ai!, nostalxia de aqueles marabillosos anos que ningún dos turistas viviu, pero en fin, o ser humano é así, precisa o seu particular chute de nostalxia peregrina. E ala, metes o corpo de Lenin nun mausoleo, convértelo nun tótem, promocionalo como visita obrigada e… !et voilá!, xa está, abriche un fantástico nicho de mercado, o mercado da nostalxia. Non sei, fillo, hai algo verdadeiramente surrealista neste afán turístico por visitar as ruínas da cultura da humanidade. Ademais, mira, mira, le isto :

“A consellería de servizos sociais, !de servizos sociais, líchelo ben!, pártome. Ben, A consellería de servizos sociais de A Coruña organiza visitas guiadas ao cemiterio de San Amaro, aquí viviche un tempo, por certo, … ehh, si, digo.. ao cemiterio de San Amaro, visitas guiadas, rumiá esto boludo, onde se encontran os restos de Eduardo Pondal, Juana de Vega, o fundador da editorial Nós, Anxel casal, o profesor de modelado de Picasso, Isidoro brocos, un dos líderes do rexurdimento glego, Manuel Curros Enríquez o Juan Fernández Latorre. No camposanto de San Francisco, en Ourense, declarado de interese cultural, poden contemplarse as tumbas, !contemplarse as tumbas!, tíralle do nabo, de intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Ben-cho-sey o José Ángel valente. Outros galegos ilustres como Álvaro Cunqueiro, Pascual veiga, Leiras pulpeiro ou Pacheco, están enterrados no cemiterio de mondoñedo, en Lugo… “

-Manda truco, converter a cultura nun mausoleo e chamarlle servizo social, qué incongruencia-

-¿Non te enfada todo isto?-

-A min?, en absoluto- Respondín -Fíxenme un fidel militante do surrealismo; toda actividade humana paréceme un chiste-

-Eso sacáchelo de André Breton…

-Pode ser, non o sei, en calqueira caso, il mesagero non é importante, coma se o dixo Fulxencio Rupérez, panadeiro de Monte Alto. As palabras non teñen patente, iso é cousa das editoriais e o merchandising literario

Enrique seguía mirando o escote da veciña. Santos e Marcos partíanse o cu da risa, coma sempre, na súa inexpugnable fronteira construída a base de marihuana e cervexa barata. As sereas da policía escoitábanse ao lonxe, ao mesmo tempo que as badaladas do reloxo da estación de tren. O azul claro do ceo empardecía de a pouquiño e a lúa escintileaba por riba do gran cartel de Coca-cola. Deume mágoa non saber tocar o piano nese momento. Na TV seguían petardeando con catástrofes, guerras, roubos e querelas, e Santos e Marcos veña a rir na súa nube.

Xaquín e mais eu compartimos unha mirada de complicidade, como dicíndonos mutuamente, maldito o día en que descubrimos a vergoña allea.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*