Fantasmas de luz, de Fernández Paz, Premio da Crítica 2012

Fernández Paz/ Foto: P. Vilabarros

O escritor chairego Agustín Fernández Paz, fíxose esta fin de semana cun dos poucos premios que aínda non recibirá. O xurado da XXXV edición dos Premios da Crítica de Galicia decidiu distinguilo polo seu libro Fantasmas de luz. Edicións Xerais publicou o ano pasado esta obra dirixida ao público xuvenil. O libro tivo dende o principio unha magnífica acollida tanto dos lectores como da crítica. O libro traduciuse aos poucos meses a outros idiomas como o castelán e o catalán.

Perto de 400 persoas asistiron en Vigo á cea da entrega dos premios. Os galardóns deste ano tamén distinguiron a Patricia Fra López (Premio de Investigación); a Asociación Galega de Compositores (Premio da Música); a Asociación O Sorriso de Daniel (Premio Iniciativas Culturais); a Carme Nogueira (premio de Artes Plásticas e Audiovisuais); e a Xosé Manuel Olveira “Pico” (Premio de Artes Escénica).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*