A primeira novela-blog en galego xa está na rede: ‘Sempre perden os mesmos’, de Pere Tobaruela

Pere Tobaruela

“Agora hai un ano e medio, a principios de marzo, vin a Manuel por primeira vez. Foron encontros casuais. Uso o plural porque coincidimos o mesmo día en dous lugares diferentes: nun bar pola mañá e, despois, á noitiña, nunha tenda. Héctor, o director do diario en que traballo, Cousas Nosas, me encargara que lle dedicase o meu artigo de opinión a un tal Jesús Rovira, residente en Martorell e que, daquela, acababa de celebrar o seu cen aniversario.” Con este parágrafo arranca o novidoso proxecto do escritor galego-catalán Pere Tobaruela: o blog-novela que leva por título Sempre perden os mesmos.

A iniciativa, da que sabemos polo portal Código Cero, chegou á rede o pasado día 23 e convértese nun modelo pioneiro en lingua galega. Pere Tobaruela, escritor catalán afincado en Galiza e que emprega os dous idiomas nos seus procesos creativos, irá achegando, ao longo de tres meses,  un capítulo semanal da obra.

Como se explica no propio blog, “nesta novela participan personaxes diversos: un xastre centenario, o director dun xornal de ámbito comarcal, un matrimonio de orixe alxeriana, un correspondente de guerra, un filósofo de renome internaiconal e un profesor universitario africano, por citar algúns”.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*