Estaleiro Editora freta novos barcos cargados de aforismos, teatro e poesía

Da fábrica de Estaleiro Editora acaban de saír este outono novos proxectos literarios. A máis peculiar das editoras galegas, que mantén a autoxestión e o asemblearismo como sinais de identidade bota ao mar tres libros que tocan os xéneros do diario, o teatro e a poesía.

Fragmentos e comentarios do diario íntimo de Cristina F. É un dos títulos desta nova xeira. A escritora Cristina Ferreirós, baixo o pseudónimo de Arbusto, ofrécenos, segundo explican dende Estaleiro “un diario que narra unha viaxe e está escrito cunha suma de aforismos e pequenas reflexións sobre experiencias da vida cotiá a través dunha linguaxe metafísica”. Cristina Ferreirós, unha salmatina afincada dende hai anos no país, aparca, polo menos momentáneamente, o seu traballo na literatura infantil.

Outro dos volumes que xa está nas librarías son dúas pezas tetarais de Julio Fernández Peláez (Zamora, 1963) é Esgotar os ollos e O chapeu do indigente. Dramaturgo, novelista, poeta e artista visual, Fernández Peláez vive e traballa en Vigo dende 2007. É cofundador e codirector da revista de artes escénicas Núa. Dende Estaleiro afirman que estas dúas pezas son boa mostra do teatro máis vangardista que se está a escribir nestes momentos no país e salientan que con esta publicación a editorial referenda a súa aposta por un xénero que apenas ten espazo nas librarías.

Tamén nas librarías, aínda que pendente de presentación pública, está o libro de poemas Aquiltadas, de Susana Sánchez Aríns. Estaleiro Editora ten pevisto pechar o ano con dous novos volumes de divulgación do pensamento de filósfos contemporáneos.

Nestas novas apostas literarias, a editorial mantén as súa liña mestra de publicar libros sen fin de lucro. Así, as tres obras que xa están nas librarías poderán adquirirse por un prezo máis que reducido: 5 euros.

* Estaleiro Editora tamén che dá a posibilidade de descargar de balde (en formato .PDF) no teu computador estas tres obras literarias :

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*