A intriga e aventura manteñen Os fillos do mar como un dos éxitos editoriais do ano

Pedro Feijoo nun acto de presentación da novela

Tres edicións en pouco máis de seis meses. A novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é sen dúbida a revelación comercial en 2012. Nun tempo de evidente baixada de vendas nas librarías e nos que esgotar tiraxes de 600 ou 700 exemplares é xa un éxito, a novela de Feijoo é xa un fenómeno “best-seller” que pode pechar o ano con 3.000 libros vendidos. Este mesmo martes, o autor presenta en Vigo a terceira edición.

A obra, finalista do Premio Xerais 2011, viaxa pola historia de Vigo con doses de intriga e aventuras. A crítica galega destacou nos últimos meses a amenidade e a resolución dunha trama que, sen grandes aspiracións literarias, considera unha boa novela. Haberá que ver nos vindeiros meses se chegan as traduccións a outros idiomas e se Os fillos do mar mantén lectores máis aló das nosas fronteiras.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*