O primeiro volume das obras completas de Vidal Bolaño estará nas librarías este mesmo outono

Vidal Bolaño

Aproveitando que as Letras de 2013 estarán dedicadas ao autor compostelano, a editorial Positivas será a encargada de lle redescubir ao gran público unha das cimeiras da literatura galega das últimas décadas. O primeiro volume das obras completas de Roberto Vidal Bolaño vai estar á venda neste mesmo ano.

Dende Edicións Positivas deron a coñecer esta semana como será a estrutura destas obras completas. O primeiro volume, que vai estar dispoñible este mesmo outono, leva por título “Agora” e comprende as seguintes obras de Bolaño: Integral; Animaliños; ¡Anxeliños¡; Criaturas; Rastros; e Saxo tenor. Ao longo do vindeiro ano editaranse outros catro volumes.

A editorial ofrece a posibilidade de que os particulares poidan mercar anticipadamente a colección completa con desconto económico

2 Comentarios

  1. Menos mal que hai editoras coma esta que arriscan algo. ¿Como é posible que a obra de Vidal Bolaño estivese como está? Espallada por varias editoras e financiada a súa edición polas administracións públicas (véxase Xerais sempre). Hai que darlle pulo ás novas editoras, que as vellas xa deron o que tiñan que dar, e impediron o que impediron.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*