Catro notas libertarias na encrucillada de non se sabe que:

Un artigo de Paco Macías

1- A libraria Porta Treze, de Vila Nova de Cerveira, e especializada en poesía, pediulle ás editoras galegas que lles enviasen os seus fondos para expoñelos e vendelos. Só unha respondeu. Non houbo interese en Galicia. ¿Cales poden ser as explicacións destes feitos? Se as buscamos poderemos entender moitos asuntos presentes.

Paco Macías

2- O desinterese polo idioma portugués continúa en Galicia, e vai á par do empequenecemento do galego. Galego e portugués unidos no rexeitamento e no descoñecemento. E han de ir unidos na recuperación, sobre todo para salvación da lingua galega. A cada día que pasa máis persoas aproximan o seu galego ao portugués. Onte naceu un grupo no mundo teatral, o Grupo UVEBÉ, que pensa parecido.
3- Continúan os nenos estudando gramática galega nas escolas. E canto máis gramática saben menos falan a lingua. Ás veces un pensa que a letra escrita naceu para ocultar a realidade, mesmo para reprimila. Sobre todo no ensino.
4- “Contos Estraños”, esa magnífica editora. ¿Que non a coñecen? Pois deberían. Na escrita, no mundo editorial, en Galicia… ás veces suceden cousas asombrosas. Esta editora está a conseguir o seu público lector, paseniño, malia esa censura chamada silencio. Pero Galicia debe poboarse de máis “Contos estraños”.

9 Comentarios

  1. 1. Aínda me estraña ver editoras galegas que publican poesía hoxe. Non é boa nova que moitas abandonen. Eu sempre coidara que a edición aquí non dependía tanto dos euros coma noutros sitios, así que podía permitirse a afouteza, pero estou vendo que tira estrañamente cara un tipo particular de best-seller.
    2. Aí hai moito que andar.
    3. Por moita gramática que se estude, se fóra non se fala, complicado.
    4. Proxecto interesante. Mágoa que o seu espazo na rede non acaba de amosar a súa natureza. Unha portada de Weird Tales xa o dicía todo.

  2. Non sei por que non me estraña esa preguiza editorial… ás veces penso que lles é igual vender ou non os libros que editan…

  3. VIDAL, concordo contigo, excepto no primeiro punto. A poesía si que se vende, e Positivas demóstrao. Polo menos non é deficitaria. Pero se publicamos amigos, e premios… daquela si que non hai nada que facer.
    A colección DiVersos de Positivas é un modelo, modesto, pero modelo a imitar.
    A responsablidade das editoras “grandes” é moita. O problema é que ninguén llas esixe. Que o pode facer está “pillado” por esas editoras. ¡Vaia, que hai merecumbé de intereses de moita ostia!

  4. O mundo editorial galego está moi mal. Está en todo o mundo mal. Pero aquí está peor. Aínda así non se ven movementos, preocupacións públicas, iniciativas… nada. Caladiños están os editores. Seica están agrupados en algo chamado AGE, que non se sabe o que fai, para qué serve. (¡¡¡¡¡¡¡Boeno, este ano creo que organizaron algún OUTLET de libros en galego!!!!!!!) ¿Que máis fixeron? Non se sabe.
    Renuncian a todo, non dan batalla, botaron o libro galego das feiras do libro e eles seguen caladiños, botárono das librerías e eles igualmente caladiños… ¿Cales son as súas ideas? ¿As súas propostas? ¿Coñéceas alguén?
    Hai que darlles leña, para que espabilen. Desta pasividade nada bo pode vir. Da enerxía crítica podemos agardar algo.

  5. Pepe, a poesía pode dar ás veces para cubrir custos, pero non sei se para máis. Non é por faltar, ó contrario. Creo que é un xénero necesario.
    Sobre a apatía do sector editorial galego, penso que eses supervendas que viñeron aí atrás exerceron un efecto sedante. Cando estás contento, non hai gana de guerrear.

  6. Vidal, eu sei de títulos que deron beneficios. O que pasa é que a poesía en Galicia edítase pouco e mal. A distribución e a promoción ha de ser distinta á novela. Ten que verse. Pero semella que se edita por amiguismo, por editar, sen criterio, sen crer no que se fai, ou porque cho compra un concello (pois hai premios a moreas), etc.
    Pero xa con non dando perdas deberían as “grandes” ter a súa colección de poesía. O que pasa é que aquí as grandes non son tal. Só en facturación, e en relacionarse co poder. A esperanza está nas editoras medias, nas pequenas e nas novas que nazan.
    ¿Entende alguén o silencio que teñen os editores actualmente? Entren nos seus blogs, nos seus facebooks, e verán que asombran os silencios.
    Vexan a páxina da AGE, e o seu facebook, e ¡asómbrense! É patético.

    Polo demais, todo dacordo.

  7. Boeno, San Antonio, era para entendernos, xa sabes de quen falo. Deses que van de “grandes”.
    Razón non che falta nesa túa pregunta retórica.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*