Editorial A Nosa Terra: 35 anos de historia con final de saldo

A creba económica de A Nosa Terra arrastrou canda si un proxecto xornalístico histórico pero tamén unha das grandes editoriais galegas. Logo de 35 anos de percorrido, o proceso concursal chega á súa fin este mesmo mes coa liquidación a prezo de saldo dos fondos editoriais da empresa. Máis de 1.100 títulos e centos de milleiros de libros fican almacenados dende hai tempo á espera dun comprador ou, caso de que non consigan venderse, serán destinados axiña á reciclaxe de papel.

O prezo das obras son en moitos casos ata dez vecemos menor que o seu PVP en librarías. Así podemos atopar exemplares da exitosa colección de “Os bolechas” por só 0,5 euros; exemplares da Gramática da Lingua Galega de Freixeiro Mato por 1,87 euros; ou o libro O reino medieval de Galicia de Anselmo Carreira por só 0,75 euros.

O Consorcio Editorial Galego encargouse nas últimas semanas de xestionar uns pedidos que esixían un gasto mínimo de 500 euros. Algunhas das principais librarías do país mostraron o interese por uns fondos que de seguro aparecerán proximamente á vende a prezos moi inferiores aos que ata agora se podían atopar.

3 Comentarios

  1. A min isto chéirame mal. Non me parece unha práctica legal a do administrador concursal, iso de invadir librarías con saldo, nin me parece normal o de que as librarías se pasen ao saldo así como así.
    Non sei, dáme que aquí hai algo raro.
    Habería que preguntarlle á Federación de Libreiros e á Asociación Galega de Editores.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*