Dúas noites nun dos hoteis máis luxosos de Barcelona a cambio de 150 palabras

Piscina do hotel Mandarín

Es quen de contar, nun máximo de 150 palabras, unha historia ambientada no “emocionante, misterioso e obscuro mundo da novela negra”? Este é o reto que lanza un dos hoteis máis luxosos de Barcelona, o Mandarin Oriental. A cambio están en xogo estes premios: dúas noites de aloxamento e almorzo para dúas persoas no caso do primeiro clasificado e dunha noite para o segundo.

Os organizadores do certame sinalan que é unha homenaxe á “longa tradición editorial e literaria de Barcelona” e en particular á novela negra, á vez que confesan que buscan “a oportunidade de formar parte deste apaixonante ecosistema literario”. O xurado que elixirá os dous mellores relatos está presidido polo escritor e xornalista Ignacio Vidal-Folch.

Ata o de agora xa se presentaron 217 relatos, maioritariamente en catalán e castelán, aínda que tamén se poden atopar traballos noutros idiomas (como o inglés ou o euskera) xa que a convocatoria está aberta a todas as linguas.

Se queres participar ou simplemente ver os relatos xa enviados podes entrar na páxina do premio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*